outrigger
Outrigger a dous sen timonel ou dous sen (2-)
Para dous remeiros, as súas dimensións e peso son moi parecidas ás de dobre scull.
Outrigger a dous con timonel ou dous con (2+)
Para dous remeiros e un timonel, o que ademáis de gobernar o timón, é un importante colaborador dos remeiros para o seu maior rendemento e control da competición.
Outrigger a catro sen timonel ou catro sen (4-)
Para catro remeiros. O timón, ao igual que no catro scull, vai gobernado por un dos remeiros por medio dun pedal.
Outrigger a oito ou oito (8+)
Para oito remeiros e sempre con timonel, é a modalidade máis rápida e espectacular do remo olímpico. Considérase a proba raiña.