A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Remo tradicional

Botes

A súa forma é moi parecida á das volanteiras e canoas; diferéncianse daquelas no seu menor tamaño, sendo o normal nun bote os 3,50-5 metros de eslora. Teñen a proa e a popa de forma similar e nun principio levaban unha vela. Podían tamén levar tres ou catro homes segundo levaran timón ou non. Ocasionalmente, [...]

, , ,

Canoas ou bucetas

Estas embarcacións construíanse da mesma maneira que as lanchas. Nun comezo levaban a proa e a popa moito máis rectas. A canoa diferenciábase pola súa tendencia a ter máis manga máis uniforme na maior extensión do casco. O esencial da canoa era precisamente a súa estreiteza que a facía máis lixeira na boga. As bucetas [...]

, , , ,

Chalanas

Como as gamelas, son unhas embarcacións auxiliares doutras máis grandes. Diferéncianse das gamelas en que estas teñen chan tanto a proa como a popa. Destaca o fondo chan e a confeción dos costados con tres táboas montadas a tingladillo. Moitas veces gamela e chalana son nomeadas do mesmo xeito.

, , ,

Dornas

Son unhas embarcacións mais ben pequenas, 14 a 16 cuartas de quilla (unha cuarta equivale a 21 cm.). As de maior tamaño chamábanse xeiteiras por seren utilizadas coa arte do xeito. As máis pequenas, que apenas superaban os tres metros de eslora, empregábanse para a pesca do polbo dentro da ría, por iso recibían o [...]

, , ,

Galeóns

Eran unhas embarcacións que tiñan a proa recta e a popa redonda. Levaban cuberto e navegaban cunha vela de relinga no pau de proa e unha pequena no pau de popa, ainda que tamén levaban remos alongados que utilizaban fundamentalmente nas manobras de atraque e desatraque nos portos. Nestes barcos, de grande porte -18 a [...]

, , ,

Previous Posts