A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

LIGA TERRITORIAL NORTE DE BATEIS: Porto de Celeiro, 7 de Marzo de 2020.

Primeira xornada da Liga Territorial Norte, na que participan tódo-los clubs das provincias da Coruña e Lugo, que practican esta modalidade do remo en banco fixo.

Celebrarase na enseada do porto de Celeiro, organizada pola ACD Penalba-Club de Remo Celeiro, na actualidade único club da provincia de Lugo que practica a modalidade de bateis.

Ás tres e cuarto da tarde celebrarase a reunión de delegados nas instalacións do club organizador, na cal elaboraranse as quendas das diferentes categorías e o sorteo de boias.

Ás catro está previsto darlle a saída a primeira quenda da categoría Alevín feminina, que dará comenzo a esta primeira xornada da liga norte de bateis.

Rematada esta categoría será o turno para Infantís, Cadetes, Xuvenís e Absoluta feminina.

A continuación as mesmas categorías masculinas, para rematar coa categoría de Veteranos.

Participaremos con seis tripulacións, nas categorías Alevín, Infantil e Xuvenil feminina e masculina.

Esta é o desprazamento máis lonxano da liga, polo que o autobús sairá das instalación do club ás dez da mañán, para xantar en Celeiro.

A derradeira xornada da liga zonal, celebrada o pasado sábado, estaba previsto que fora en Cabo da Cruz, pero ás condicións do mar obrigaron a facela na Pobra do Caramiñal.

Participaron os clubs Náutico de Ribeira, que se estrenaba, Pobra, Cabo da Cruz e Esteirana, mais Samertolameu de Meira da Territorial Sur.

Regatearon sesenta e tres tripulacións, trinta e catro femininas (sete alevíns, sete infantís, oito cadetes, catro xuvenís e oito absolutas) e vintenove masculinas (sete alevíns, seis infantís, oito cadetes, seis xuvenís e dúas absolutas).

Rianxo gañou en catro categorías: Cadete e Xuvenil feminina e Alevín e Xuvenil masculina. Cabo da Cruz foi gañador en tres: Alevín e Infantil feminina e Infantil masculina. As tres categorías restantes foron para Náutico Ribeira, Absoluta feminina, Pobra, Cadete masculina e Esteirana , Absoluta masculina.

Ademáis da categoría Absoluta masculina participamos nas categorías Alevín (2ª), Infantil (3ª), Xuvenil (4ª) e Absoluta feminina (5ª) e na Alevín (7ª), Infantil (5ª) e Xuvenil masculina (4ª).

Comments are currently closed.