A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

LIGA DE BATEIS RÍAS DE MUROS-NOIA E AROUSA NORTE: Porto de Muros, 22 de Febreiro de 2020.

A vila de Muros acollerá a cuarta xornada da liga zonal de bateis, na que prevé o inicio das regatas para as catro da tarde. Unha hora antes celebrarase a reunión de delegados, na que se elaborarán as quendas de cada categoría.

Participaremos nas categorías Alevín, Cadete, Xuvenil e Absoluta feminina e nas categorías Infantil, Xuvenil e Absoluta masculina, nestacon dúas tripulacións.

Na anterior xornada ademáis dos clubs da comarca, Muros, Pobra, Cabo da Cruz, Rianxo e Esteirana, acudiron os clubs da zona norte A Cabana e Ares.

Participaron vintenove tripulacións femininas, seis alevíns, seis infantís, sete cadetes, seis xuvenís e catro absolutas, e corenta masculinas, oito alevíns, dez infantís, dez cadetes, seis xuvenís e seis absolutas.

Foron gañadores A Cabana (Infantil, Cadete e Absoluta feminina), Rianxo (Xuvenil feminina, Alevín e Xuvenil masculina), Muros (Alevín feminia), Cabo da Cruz (Infantil masculina), Pobra (Cadete masculina) e Ares (Absoluto masculina).

Nos participamos nas categorías Alevín (3ª), Infantil (6ª), Xuvenil (5ª) e Absoluta feminina (2ª) e na Infantil (9ª) e Xuvenil masculina (6ª).

Comments are currently closed.