A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

LIGA RÍAS DE MUROS-NOIA E AROUSA NORTE: Pobra do Caramiñal, 15 de Febreiro de 2020.

Terceira xornada da liga zonal de bateis que, como nas dúas primeiras xornadas, celebrarase no campo de regatas do porto comercial da Pobra do Caramiñal.

As regatas comenzarán ás catro da tarde coa saída da categoría Alevín feminina, seguida das demáis categorías femininas, para continuar coas categorías masculinas.

Participaremos nas categorías Alevín, Infantil, Xuvenil e Absoluta feminina e nas categorías Infantil e Xuvenil masculina.

O autobús sairá das instalacións do club ás dúas da tarde.

Na anterior xornada participamos nas categorías Alevín, Infantil, Xuvenil e Absoluta feminina e na Infantil masculina.

Para as categorías alevín e infantil foi a primeira regata na que participaron, pois son rapazas e rapaces que estiveron na Escola de Remo do pasado verán.

Curiosamente tódalas categorías remataron de quintas, coa excepción da Absoluta feminina que gañaron a regata.

Comments are currently closed.