A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

I BANDEIRA DE PROMOCIÓN TRAIÑEIRA FEMININA «CONCELLO DE RIANXO»: Porto de Rianxo, 31 de Agosto de 2019.

Terceira regata de promoción feminina, coa que se fechará a actividade do Colectivo Remeiras, que se puso en marcha dende o mes de Xullo

Foi unha actividade, coa que se pretendía acercar ás mulleres á práctica do remo, sen importar a idade, ou a experiencia previa como remeiras.

O éxito da iniciativa, foi absoluto: inscribíronse máis de cincuenta, e consigueuse armar unha trainera para competir nestas regatas de promoción,  iniciativa promovida polos clubs de remo de Rianxo, Muros e Esteirana.

A outra finalidade da actividade era ver a posibilidade de ter unha trainera feminina, competindo na Liga Galicia Calidade da temporada 2020.

O rematar o mes de Setembro, haberá que decidilo, pois ademáis de ter que contar cunha plantilla de remeiras, hai que dar pasos na compra do material necesario para competir con garantías: trainera, remolque, palamenta, etc.

O inicio da Bandeira de Rianxo está previsto para as seis e media da tarde.

Unha hora antes, na reunión de delegadas, sortearanse as boias nas que irán os equipos de Muros, Rianxo e Esteirana.

A nosa expedición, co remolque e o autobús, sairá das instalacións da Horta de Casalís, ás catro e media.

Comments are currently closed.