A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

PLAIOFF DE ASCENSO OU PERMANENCIA Á LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS A: Praia do Orzán-A Coruña, 24-25 de Agosto de 2019.

Traballo feito, e con nota. Rematamos de primeiros as dúas xornadas, e cunha manifesta superioridade.

Só Coruxo, mostrou algo de resistencia, O sábado, na primeira virada, fixoo con dous segundos de ventaxe, pero na segunda xa había unha ventaxe o noso favor de sete segundos, que fomos aumentando en cada longo, ata os catorce finais. Muros foi terceiro a trinta e seis, e Amegrove cuarto a casi un minuto.

O Domingo, Coruxo aguantóu ó noso par os dous primeiros longos. Na terceira virada sacámoslle seis segundos, e na linea de chegada catorce. Amegrove foi terceiro a medio minuto, e Muros cuarto a un minuto.

Hai que destacar o tempo da xornada do sábado, comparado ós das quendas clasificatorias para a Final do Teresa Herrera, Seríamos o quinto mellor tempo, só superados polos primeiros catro equipos da Liga A. Tamén Coruxo, conseguiría o pase para a final, polo que coa clasificación de A Cabana e Cesantes, serían catro equipos da Liga B na final.

Esto refrenda a impresión do alto nivel deportivo da Liga B, nesta edición.

.

Comments are currently closed.