A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

XII BANDEIRA DE TRAINERAS CONCELLO DE MUROS/I BANDEIRA DE ESTEIRO FEMININA: Porto de Esteiro, 10 de Agosto de 2019.

Había tempo que o peirao de Esteiro, non estaba tan abarrotado de xente para ver unha xornada de traineras.

Despois das malas condicións climatolóxicas que houbo pola semana, o día amañeceu perfecto para a práctica do remo: ausencia de ameaza de chuvia e mar de fondo, que foi amainando o longo do día, aínda que por fora da Punta da Cancelada, seguía notandose.

Unha pena que non se mantivera como pola mañán, pois favorecería o espectáculo.

Cunha maraxe, que non molestaba as tripulacións, iniciouse a proba, coa saída da primeira quenda ás cinco e media.

O sorteo de carreiros asinoulle a Vila de Cangas a boia unha, Mugardos a dúas, Chapela a tres, Perillo a catro e Castropol a cinco.

Mandou Castopol dende a primeira virada, con catro segundos de ventaxe sobre Chapela e Perillo,  Mugardos a nove e Vila de Cangas a catorce.

No segundo longo Chapela remonta e vira co mesmo tempo que Castropol, Perillo a sete segundos, Mugardos a nove e Vila de Cangas, descolgado, a vintedous.

Na terceira virada Castropol faino de primeiro, dous segundos mellor que Chapela, Perillo terceiro, a nove, Mugardos cuarto a catorce, e Vila de Cangas, quinto, moi descolgado.

Os postos mantivéronse na linea de chegada, na que Castropol marcou un tempo de 21.20.59, que mellorarían as cinco traineras de segunda quenda.

Nesta segunda quenda, A Cabana foi na boia unha, Cedeira na dúas, Coruxo na tres, Esteirana na catro e Cesantes na cinco.

A Esteirana marcou o mellor tempo na primeira virada, con A Cabana a dous segundos, Coruxo a catro, Cesantes a cinco e Cedeira a doce.

No segundo longo mantéñense as diferencias entre Esteirana e A Cabana, con Coruxo a seis segundos, Cesantes a nove e Cedeira, peleando por mellorar o tempo da gañadora da quenda anterior, a vintecatro.

No terceiro longo A Cabana vira de primeiro con tres segundos de ventaxe sobre Esteirana, Cesantes colócase terceiro a cinco segundos da Esteirana, e Coruxo a seis.

Parecía que o guión da regata iba ser como a maioría, coa Cabana de primeira e Esteirana segunda, pero un derradeiro longo espectacular de Cesantes, colocouno segundo, a só tres segundos da Cabana, e con dous de ventaxe sobre a trainera local. Coruxo a dez segundos do gañador, foi cuarto, e Cedeira, descolgada, consigueu manter o quinto posto na clasificación final, con dezaseis segundos de ventaxe sobre Castropol.

Rematada a proba, procedeuse á entrega do maillot de lider da Liga, e a Bandeira, o Club de Remo A Cabana-Ferrol, pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo.

Para rematar a xornada aliñáronse as tres traineras participantes na I Bandeira de Esteiro Feminina.

Por ser unha regata de promoción, a regata disputouse a dous longos, cunha única virada.

O sorteo colocou a Rianxo pola boia dúas, Esteirana pola tres e Muros pola catro.

Rianxo e Esteirana viraron no mesmo tempo, con Muros a dezanove segundos.

Nun emocionante e igualadísimo derradeiro longo, Rianxo consigueu a victoria por dous segundos, con Muros terceira, algo descolgada.

Rematada a regata, Inés Monteaguda, no pantalán do Náutico de Esteiro, entregoulle a Bandeira as rianxeiras.

Unha vez en terra, procedeuse a entregar un agasallo conmemorativo, desta xornada histórica para o remo feminino en Esteiro, a cada remeira participante.

Comments are currently closed.