A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

IV BANDEIRA DE TRAINERAS CONCELLO DE CEDEIRA: Porto de Cedeira, 11 de Agosto de 2019.

O domingo pola mañán celebrouse a oitava xornada da Liga de Traiñeiras B, nun campo de regatas de catro carreiros, e nun sitio espectacular.

As condicións do mar, eran diferentes a tóda-las xornadas precedentes. Aquí si que había mareans, e se se collían ben as ondas, tíñase moito gañado.

A pena foi o diluvio que caeu, que fixo incómodo disfrutar do espectáculo na segunda quenda.

Ás doce saíron as traineras da primeira quenda: Chapela pola boia unha, Vila de Cangas pola dúas e Mugardos pola tres.

Sorprendeu a trainera de Cangas, que encabezaba a regata na primeira virada, con sete segundos de ventaxe sobre Chapela e doce sobre Mugardos.

Na segunda aumentou a ventaxe nun segundo sobre Chapela, e Mugardos a vintecinco.

Na derradeira virada mantíña a Chapela a sete segundos, pero a maniobra non foi boa, e Chapela remontou, gañando cun marxe de seis segundos, con Mugardos a casi un minuto.

Na segunda quenda, con Perillo pola unha, Castropol pola tres e Cedeira pola catro, as condicións climatolóxicas foron moi adversas, cun forte chaparrón que durou toda a quenda. Aínda así, as tres traineras melloraron os tempos das da primeira.

Dende a primeira virada, mandou Castropol, coa trainera local, sempre en regata con tres, cinco e catro segundos de desventaxe nas viradas, e a seis o final.

Perillo quedou algo rezagado no derradeiro longo, rematando a vintecatro segundos de Castropol.

Antes do comenzo da terceira quenda, as nubes da tormenta pasaron de largo, e púdose disfrutar do espectáculo, aínda que o que máis e o que menos xa collera a molladura.

O sorteo de boias colocou a nosa trainera pola unha, Cesantes na dúas, A Cabana na tres e Coruxo na catro.

Igual que Castropol na anterior quenda, a Esteirana sempre foi cabeza de regata.

Na primeira virada sacáballe catro segundos á Cabana, e seis a Cesantes e Coruxo.

Na segunda, A Cabana a tres segundos, Cesantes a dez e Coruxo a once.

Na terceira os de Ferrol, colócanse a dous segundos,  con Cesantes a oito e Coruxo a catorce.

No derradeiro longo, a Esteirana foi quen de deixar á Cabana a nove segundos, Cesantes a dezaseis e Coruxo a vinteún.

Segunda victoria da temporada, que nos consolida na segunda posición da clasificación xeral, con doce puntos de ventaxe sobre Cesantes e Coruxo, cuarto, a trece.

Estas dúas traineras pelearán nas dúas derradeiras bandeiras puntuables pola terceira praza que da dereito a participar no playoff de ascenso á Liga A.

A Cabana, salvo catástrofe, ten a liga gañada, e o ascenso directo no peto.

Comments are currently closed.