A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

VIII BANDEIRA SALGADO CONXELADOS/IV BANDEIRA FEMININA CONCELLO DE OLEIROS: Praia de Santa Cristina-Perillo, 13 de Xullo de 2019.

Terceira xornada da Liga Galega de Traiñeiras B (LGT B), que se despraza a Perillo, para disputar a Bamdeira Salgado Conxelados.

Antes da bandeira masculina celebrarase a segunda xornada da Liga Galicia Calidade, nova denominación da liga feminina.

Ámbalas dúas bandeiras están organizadas polo Club Regatas Perillo.

Ás 15:30 h. está prevista a revisión do campo de regatas, situado na prais de Santa Cristina, sendo o noso club o encargado de facelo.

Ás 16:00 h., no local social do club, celebrarase a reunión de delegados, na que se sortearán as boias das quendas femininas e masculinas.

Ás 17:30 h. daráselle a saída a primeira quenda feminina, na que irán Tirán, Mugardos e Chapela, dous minutos despois a segunda quenda con Mecos-Coruxo, Cabo da Cruz e Perillo.

Unha vez rematada a regata entregarase a tripulación gañadora a IV Bandeira Feminina Concello de Oleiros.

Ás 18:15 h. está previsto darlle a saída a primeira quenda masculina, na que se alinearán Vila de Cangas, Chapela e Mugardos. Dous minutos despois sairá a segunda quenda con Cedeira, Perillo e Castropol.

Aproximadamente ás 18:45 h. na terceira quenda alinearanse as traineras que encabezan a clasificación da liga: A Cabana, Esteirana, Cesantes e Coruxo.

Rematada a regata entregarase a mellor trainera, a VIII Bandeira Salgado Conxelados.

Con respecto a Bandeira Concello de Redondela, celebrada o sábado pasado en Chapela, clasificámonos de novo de segundos a nove segundos de A Cabana, e con Cesantes a só dous.

As quendas femininas, tiveron as dúas o mesmo guión, na primeira gañou Perillo cun tempo de 24.08.52, Tirán segunda a vinteún segundos e Chapela terceira a máis dun minuto. Na segunda Mecos-Coruxo marcou un rexistro de 23.02.53, con Cabo da Cruz a vinte segundos, e Mugardos descolgada a máis de minuto e medio.

Despois da entrega da IV Bandeira Feminina a Mecos-Coruxo, aliniouse a primeira quenda masculina, con Perillo pola boia dúas, Mugardos pola tres e Chapela pola catro.

Perillo encabezou sempre a regata, na primeira virada con dous segundos de ventaxe sobre Chapela, e Mugardos a catorce. Paulatinamente foi aumentando as diferencias, para rematar cun tempo de 21.12.59, con Chapela a trinta e tres segundos e Mugardos a máis dun minuto. O tempo de Perillo colocouno de quinto na clasificación final, só superado polos catro equipos da terceira quenda.

Na segunda saíron Castropol pola boia unha, Vila de Cangas na dúas e Cedeira pola tres. Nesta quenda houbo un bonito duelo entre Cedeira e Castropol, na primeira virada estas dúas traineras fixérono cun tempo de 5.19, e Vila a sete segundos; na segunda Castropol vira en 10.27 con Cedeira a tres segundos e os de Cangas descolgados a dezasete; na terceira os asturianos manteñen dous segundos de ventaxe, pero no derradeiro longo Cedeira é quen de recortar a desventaxe, e impoñerse cun tempo de 21.14.90, con Castropol a dous segundos.

Na terceira quenda, teoricamente a dos favoritos, Coruxo foi pola boia unha, Cesantes pola dúas, Esteirana pola tres e A Cabana pola catro. A nosa trainera aguantóu en cabeza ata a metade do primeiro largo, para pasar A Cabana a encabezar a regata e marcar un tempo de 5.02 na primeira virada, nós a catro segundos, Cesantes a sete e Coruxo a dez; na segunda os ferroláns marcan un rexistro de 10.01, cinco segundos mellor que a nosa trainera e Cesantes a oito, con Coruxo descolgado a quince; na terceira A Cabana aumenta a súa ventaxe a nove segundos, e Cesantes a só dous de nós. O final A Cabana cun tempo de 20.32.30, gaña claramente a Bandeira, coa Esteirana a nove segundos, Cesantes a once e Coruxo a trinta e seis.

A conclusión que se pode sacar desta segunda proba, segue sendo moi parecida a da primeira regata: vamos estar na pelea polas bandeiras, pero ademáis de A Cabana, hai que contar con Cesantes e Coruxo, que van dar moita guerra.

Comments are currently closed.