A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

XXXIII BANDEIRA CONCELLO DE REDONDELA MASCULINA/IV BANDEIRA FEMININA: Arealonga-Chapela, 6 de Xullo de 2019.

Segunda regata da Liga Galega de Traiñeiras B (LGT B), que como a primeira xornada celebrarase no concello de Redondela, esta vez nas inmediacións da praia de Arealonga en Chapela.

Antes da bandeira masculina celebrarase a primeira xornada da Liga Galega de Traiñeira Feminina (LGT F), na que participan Cabo da Cruz, Mecos-Coruxo, Mugardos, Perillo, Tirán e Chapela.

Na reunión de delegados, ás 16:00 h., sortearase, por ser a primeira regata, a composición das quendas e a orde de saída das tripulacións femininas.

No caso das tripulacións masculinas as quendas veñen determinadas pola clasificación da Liga, polo que só se sortearán as boias.

Ás 17:30h., daráselle a saída a primeira quenda feminina e tres minutos despois a segunda.

Unha vez rematada a regata e se lle entregue a bandeira a gañadora, será o turno das quendas masculinas.

As dúas primeiras, serán lanzadas, cun intervalo de tres minutos. A continuación sairán as tripulacións da terceira quenda.

Na primeira quenda sairán Mugardos, Perillo e Chapela; na segunda Cedeira, Vila de Cangas e Castropol; e na terceira A Cabana, Esteirana, Coruxo e Cesantes.

Con respecto a Bandeira de Cesantes, celebrada o domingo pasado, clasificámonos segundos a setenta e tres centésimas de A Cabana.

Por ser a primeira regata a orde e acomposición das quendas foi por soteo.

Na primeira competiron Cedeira, Vila de Cangas e Mugardos. Gañou co claridade Cedeira cun tempo de 21.26.07, quinto tempo na clasificación xeral.

Na segunda participaban A Cabana, Chapela e Coruxo. Na primeira virada Coruxo fixoo cun tempo de 5.12, A Cabana a un segundo e Chapela descolgada a dezasete. Na segunda A Cabana faino de primeira cun tempo de 10.11, con Coruxo a catro segundos. Na terceira A Cabana mantense na cabeza con 15.50, e Coruxo a oito segundos. A Cabana remata cun tempo de 20.46.00, co Coruxo a trece segundos.

Na terceira quenda Esteirana, Perillo, Cesantes e Castropol. A nosa trainera iba na boia unha, a mesma que a da Cabana, e cunha intensidade de vento practicamente igual o da segunda quenda.

Cando os árbitros deron a saída a nosa quenda, a trainera da Esteirana aínda non estaba ben colocada nin preparada, polo que tiveron que estabilizar o barco e rectificar o rumbo.

Evidentemente, esto supúsolle a perda de tempo no primeiro longo, no que viramos de terceiros cun tempo de 5.16 a catro segundos de Cesantes e dous de Castropol.

Na segunda virada fixémolo de segundos con 10.15 a dous segundos de Cesantes e con Castropol e Perillo descolgados.

Na terceira viramos de primeiros, cun tempo de 15.48 con Cesantes a dez segundos. Este rexistro melloraba o tempo da Cabana en dous segundos.

O final marcamos un tempo de 20.46.73, vinte segundos mellor que Cesantes, pero que por centésimas non mellorou o tempo da Cabana.

A conclusión que se pode sacar desta primeira proba, é que vamos estar na pelea polas bandeiras e os postos de playoff de ascenso a Liga A, e porque non, polo primeiro posto e ascenso directo.

Comments are currently closed.