A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

V BANDEIRA C.C.D. CESANTES-CONCELLO DE REDONDELA: Peirao de Cesantes, 30 de Xuño de 2019.

Primeira regata da Liga Galega de Traiñeiras B (LGT B). Esta xornada inaugural está organizada polo CCD Cesantes, club que despois duns anos de non sacar trainera, volve a participar na Liga.

Por ser a primeira regata, as quendas serán por sorteo. Segundo a normativa aprobada pola Asociación de Clubs, haberá tres quendas, as dúas primeiras de tres embarcacións e a terceira de catro.

A primeira quenda daráselle a saída as 12:00 h. Previamente ás 10:00 h. revisarase o campo de regatas e media hora máis tarde, na reunión de delegados, sortearanse quendas e boias.

Con respecto a nosa trainera, despois das sensacións e resultados nas regatas de pretemporada, esperamos dea un salto de calidade que permita estar entre as embarcacións punteiras.

O pasado domingo na XV regata contra o reloxo da Lanzada, fomos décimos a dezaoito segundos de A Cabana e Coruxo, que parecen ser os favoritos para gañar a Liga.

Comments are currently closed.