A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

PRESENTACIÓN LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS (LGT): Sanxenxo, 15 de Xuño de 2019.

Este sábado será a presentación da LGT na que estarán presentes os seis equipos da Liga Feminina: Cabo da Cruz, Chapela, Mecos-Coruxo, Mugardos, Perillo e Tirán; os once da Liga A: Amegrove, Ares, Bueu, Cabo da Cruz, Vilaxoán, Mecos, Mera, Muros, Rianxo, Samertolameu e Tirán; e os dez da Liga B: A Cabana, Castropol, Cedeira, Cesantes, Chapela, Coruxo, Mugardos, Perillo e Esteirana.

O lugar do acto será na Praza dos Barcos, e comenzará ás sete da tarde. Previamente ás seis e media as plantillas teñen que estar uniformadas no lugar do acto para organizar os asentos.

Unha vez as plantillas estén sentadas no lugar asignado, actuará unha Banda de Gaitas ata as sete, cando a presentadora dará a benvida ós clubs, autoridades, patrocinadores e colaboradores.

Nas actividades do acto emitiranse tres videos de promoción de Sanxenxo, Xunta de Galicia e LGT.

Despois das intervencións das autoridades, desfilarán os clubs da Liga Feminina, subindo o escenario, para sacar unha fotografía de cada plantilla.

A continuación subirán os da Liga Masculina A e rematarán o desfile os da Liga Masculina B.

O final farase unha foto de familia con tóda-las plantillas e autoridades, rematando o acto arredor das nove.

A primeira regata da Liga B, na que participamos, será en Cesantes o 30 de Xuño ás 12:30 h.

Despois de dúas temporadas, nas que ocupábamos postos discretos, esperamos dar un salto de calidade.

O proxecto deportivo desta temporada, encabezado polo adestrador Beni Fábregas e o retorno dun bo número de remeiros, máis os que xa estaban remando no club, fainos ter confianza en facer unha boa temporada.

Nas probas contra o reloxo de pretemporada: Memorial Lágar no Grove, Memorial O Ruso en Bueu, Cabo da Cruz e Santa Cristina-Perillo as sensacións foron boas.

O Domingo pasado participamos no Memorial Ruly en Tirán. O formato da proba era o clásico de catro longos e tres viradas.

Na categoríoa masculina participaron dezaoito traineras rematando a nosa embarcación de séptima.

Comments are currently closed.