A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO GALEGO DE BANCO MÓBIL CADETE, XUVENIL, SUB-23, ABSOLUTO E REMO ADAPTADO: Castrelo de Miño (Ourense), 16 de Xuño de 2019.

Participaremos nas modalidades de Skiff (1x) na categoría cadete masculina, e Dobre Scull (2x) nas categorías cadete feminina e masculina.

Despois duns anos sen participar na modalidade de remo olímpico, facémolo con estas tres tripulacións co obxetivo de asentar a práctica do banco móbil en Esteiro, e alargar así, a temporada das tripulacións de base unha vez rematadas as competicións oficiais de bateis.

A reunión de delegados será ás 9:30 h. no Centro Náutico, e a primeira regata será ás 10:00 h. coa saída dos Oito (8+) CF e Catro Scull (4x) CF.

A primeira das nosas tripulacións que regateará será o Dobre Scull (2x) CM. Remará na cuarta regata pola rúa tres, con A Cabana pola unha e Narón pola dúas. Con anterioridade farano as outras catro tripulacións inscriptas nesta modalidade e categoría: Remo Vigo, Mar Noia, Castrelo de Miño e Ribadeo.

A continuación sairán os participantes na modalidade de Skiff (1x) CM. Na primeira quenda Castrelo de Miño, Remo do Miño, Remo Tui, Mar Noia e Olímpico do Mandeo, e na segunda Perillo, Ría de Marín, Ribadeo, Narón e Esteirana.

A nosa tripulación do Dobre Scull (2x) CF sairá na oitava regata con Ares, A Cabana e Remo Vigo B. Na anterior quenda sairán as outras catro tripulacións da categoría: Remo Vigo A, Remo do Miño, Ribadeo e Ría de Marín.

A xornada rematará coa trixésima terceira regata na que remarán os Oito (8+) XM e ABSM e os Catro Scull (4x) ABSM.

En total participarán cento vintenove tripulacións das diferentes categorías e modalidades.

A distancia do percorrido da categoría Cadete é de mil cincocentos metros, e dous mil para o resto das categorías.

Comments are currently closed.