A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO TERRITORIAL NORTE DE TRAINERIÑAS: Rianxo, 18-19 de Maio de 2019.

Unha vez rematada a temporada oficial de bateis coa celebración do Campionato de España o derradeiro fin de semana de Abril, é o turno das traineriñas.

Nesta modalidade do remo en banco fixo, na que reman seis remeiros e patrón, só se compita nas categorías Absoluta feminina e Xuvenil e Absoluta masculina.

O calendario é moi corto celebrándose poucas regatas.

A Liga Terrirorial Norte empezou o primeiro sábado do mes na Pobra do Caramiñal, continuando o día 11 en Mugardos, o 12 en Narón e o 17 en Ares.

Nós só participamos na regata da Pobra do Caramiñal con dúas tripulacións da categoría Absoluta masculina, rematando unha de sexta e outra de oitava.

Normalmente a traineriña sirve para coller ritmo cara a temporada oficial de traineras, que dará comenzo no mes de Xuño.

No Campionato Territorial Norte participaremos na categoría Absoluta masculina, co obxetivo de intentar clasificarnos para a final do domingo, donde estarán as cinco mellores das quendas clasificatorias do sábado.

Se nos clasificamos para a final, haberá que estar entre as catro primeiras para acudir o Campionato Galego, que se celebrará en Cabo da Cruz o seguinte fin de semana.

Remata a temporada o primeiro fin de semana de Xuño, coa disputa do Campionato de España que este ano se celebrará en Galicia, concretamente na localidade pontevedresa de Meira.

Comments are currently closed.