A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS: Meira, 20-21 de Abril de 2019.

Despois da celebración o sábado pasado en Rianxo do Campionato Territorial Norte,  tócalle á SD Samertolameu de Meira a organización do Campionato Galego, para os que se clasificaron os catro primeiros dos campionatos territoriais do norte e do sur.

As nosas tripulacións fixeron un papel digno: na categoría cadete, as mulleres foron segundas na súa quenda pero con pior tempo que Náutico Ribeira non conseguindo a clasificación para a final, rematando de sextas na clasificación final do campionato; os homes remataron de novenos.

Na categoría absoluta masculina si conseguiron clasificarse para a final por postos, foron segundos por detrás da moi boa tripulación de Ares.

O domingo remataron cuartos, estando na pelea polo terceiro posto ata o final.

O Campionato Galego celebrarase en dúas xornadas, na do sábado disputaranse as quendas clasificatorias, que quedaron así:

 

Alevín Feminina:

Quenda A: Cabo da Cruz (1ª TN), Rianxo (4ª TN), Vila de Cangas (2ª TS) e Bueu (3ª TS).

Quenda B: Samertolameu (1ª TS), Virxe da Guía (4ª TS), Celeiro (2ª TN) e Muros (3ª TN).

Infantil  Feminina:

Quenda A: A Cabana (1ª TN), Cabo da Cruz (4ª TN), Amegrove (2ª TS) e Vilaxoán (3ª TS).

Quenda B: Mecos (1ª TS), Robaleira (3ª TS), Pobra (2ª TN) e Muros (3ª TN).

Cadete Feminina:

Quenda A: Rianxo (1ª TN), Ares (4ª TN), Chapela (2ª TS) e Vilaxoán (3ª TS).

Quenda B: Tirán (1ª TS), Mecos (4ª TS), A Cabana (2ª TN) e Cabo da Cruz (3ª TN).

Xuvenil Feminina:

Quenda A: Cabo da Cruz (1ª TN), Perillo (4ª TN), Vilaxoán (2ª TS) e Chapela (3ª TS).

Quenda B: Tirán (1ª TS), Bueu (4ª TS), Rianxo (2ª TN) e Mugardos (3ª TN).

Absoluta Feminina:

Quenda A: Náutico Ribeira (1ª TN), Mugardos (4ª TN), Samertolameu (2ª TS) e Coruxo (3ª TS).

Quenda B: Mecos (1ª TS), Amegrove (4ª TS), Cabo da Cruz (2ª TN) e A Cabana (3ª TN).

Alevín Masculino:

Quenda A: Rianxo (1º TN), Celeiro (4º TN), Tirán (2º TS) e Bueu (3º TS).

Quenda B: Virxe da Guía (1º TS), Coruxo (4º TS), Muros (2º TN) e Náutico Ribeira (3º TN).

Infantil Masculino:

Quenda A: Pobra (1º TN), Cedeira (4º TN), Chapela (2º TS) e Vilaxoán (3º TS).

Quenda B: Mecos (1º TS), Tirán (4º TS), Cabo da Cruz (2º TN) e A Cabana (3º TN).

Cadete Masculino:

Quenda A: Ares (1º TN), Rianxo (4º TN), Mecos (2º TS) e Coruxo (3º TS).

Quenda B: Chapela (1º TS), Bueu (4º TS), Muros (2º TN) e Pobra (3º TN).

Xuvenil Masculino:

Quenda A: Cabo da Cruz (1º TN), Cesantes (5º TS), Mecos (2º TS) e Vilaxoán (3º TS).

Quenda B: Samertolameu (1º TS), Robaleira (4º TS), Rianxo (2º TN) e Muros (3º TN).

Absoluta Masculino:

Quenda A: Ares (1º TN), Esteirana (4º TN), Vilaxoán (2º TS) e Tirán (3º TS)..

Quenda B: Bueu (1º TS), Mecos (4º TS), A Cabana (2º TN) e Rianxo (3º TN).

 

Para as finais clasifícanse as dúas primeiras tripulacións de cada quenda e o mellor tempo das terceiras.

A reunión de delegadas será ás 15:30 h. nas instalacións da SD Samertolameu, onde tamén haberá pesaxe de patróns dende as 15:45 ás 16:30 h.

 

Ás Regatas Finais está previsto darlle a saída ás 11:00 h., e no seguinte orde: Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta Feminina, e a continuación as categorías masculinas.

As dúas primeiras clasificaranse para o Campionato de España, mais unha terceira por celebrarse dito campionato en Galicia (Teis-Vigo).

O remate das Finais, fronte ás instalación do club, entregaranse trofeos e medallas.

As nosa tripulación absoluta masculina tentará clasificarse para a final, aínda que vai ser dificil, non só polo alto nivel dos participantes, senón tamén polo pouco tempo de rodaxe que se lle adicou a esta modalidade, pois o obxetivo prioritario é a preparación da trainera.

Polo menos estaremos presentes de novo no Campionato Galego.

Comments are currently closed.