A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO TERRITORIAL NORTE: Peirao das Obras-Rianxo, 13-14 de Abril de 2019.

Despois da celebración o sábado pasado en Esteiro da XIV Bandeira Santiago Sur Galicia (SSG), que foi tamén clasificatoria para o Campionato Teritorial Norte, éste disputarase en Rianxo, como é tradicional, en dúas xornadas: o sábado regatas eliminatorias e o domingo as finais.

As quendas clasificatorias do sábado quedaron así:

Alevín Feminina: Celeiro, Cabo da Cruz, Muros, Rianxo e Náutico Ribeira. (Final directa).

Infantil Feminina:

Quenda A: A Cabana, Cabo da Cruz e Muros.

Quenda B: Pobra, Cedeira, Mugardos e Celeiro.

Cadete Feminina:

Quenda A: A Cabana, Ares, Náutico Ribeira e Pobra.

Quenda B: Cabo da Cruz, Rianxo, Esteirana e Muros.

Xuvenil Feminina:

Quenda A: Cabo da Cruz, Mugardos e Ares.

Quenda B: Perillo, Rianxo e Muros.

Absoluta Feminina:

Quenda A: Náutico Ribeira, Mugardos e Pobra.

Quenda B: Cabo da Cruz, A Cabana e Perillo.

Alevín Masculino:

Quenda A: Rianxo, Muros, Cabo da Cruz e A Cabana.

Quenda B: Celeiro, Cedeira, Náutico Ribeira e Pobra.

Infantil Masculino:

Quenda A: Pobra, A Cabana, Rianxo, Celeiro e Narón.

Quenda B: Cabo da Cruz, Cedeira, Regatas Pobra, Mugardos e Muros.

Cadete Masculino:

Quenda A: Ares, A Cabana, Pobra, Náutico Ribeira e Celeiro.

Quenda B: Rianxo, Muros, Cabo da Cruz, Narón e Esteirana.

Xuvenil Masculino: Cabo da Cruz, Rianxo e Muros. (Final directa).

Absoluta Masculino:

Quenda A: Ares, Esteirana e Perillo.

Quenda B: A Cabana, Rianxo, Muros e Mugardos.

Para as finais clasifícanse as dúas primeiras tripulacións de cada quenda e o mellor tempo das terceiras.

A reunión de delegadas será ás 15:30 h. nas instalacións do Club Remo Rianxo; onde tamén haberá pesaxe de patróns dende as 15:30 ás 16:30 h.

As Regatas Finais está previsto darlle a saída ás 11:30 h., e no seguinte orde: Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta Feminina, e a continuación as categorías masculinas.

As catro primeiras clasificaranse para o Campionato Galego.

O remate das Finais, nas instalacións do CR Rianxo, entregaranse trofeos a tódo-los participantes, e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

As nosas tripulacións intentarán clasificarse para as finais, aínda que vai ser dificil.

Se nos clasificáramos haberá que intentar quedar entre as catro primeiras, para así estar un ano máis presentes, nalgunha categoría, no Campionato Galego.

Comments are currently closed.