A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

III REGATA CONTRA O RELOXO SANTA CRISTINA: Praia de Santa Cristina-Perillo, 24 de Marzo de 2019.

Outra máis das numerosas probas, que dun tempo a esta parte, se organizan no inverno, período preparatorio das traineras cara a temporada oficial do verán. Sáese da rutina e axudan a facer menos monótonos os adestramentos.

Nestra contra o reloxo, organizada polo Club Regatas Salgado-Perillo, poden participar tripulacións absolutas masculinas e femininas, de veteráns e mixtas.

Haberá un trofeo para a categoría masculina e feminina. As tripulacións mixtas compiten na categoría masculina.

O percorrido será de cinco mil metros, e as traineras sairán cunha diferencia de un minuto.

A orde de saída será segundo a clasificación das anteriores regatas de inverno.

A saída da primeira trainera está prevista para as doce da mañán.

Esta será a cuarta proba na que participaremos, nesta ocasión só cunha tripulación absoluta masculina.

Sairase das instalacións do club ás oito e media da mañán.

Comments are currently closed.