A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

I BANDEIRA CONCELLO DE A POBRA DO CARAMIÑAL (LTN): Porto comercial de A Pobra do Caramiñal, 16 de Marzo de 2019.

Terceira xornada da Liga Territorial Norte organizada polo Club Remo Pobra, que se estrea cunha nova bandeira no calendario.

A normativa da proba é a seguinte:

  • Haberá unha bandeira para o mellor club nas categorías femininas, e outra para o mellor nas masculinas.

  • Das cinco categorías só puntuarán as catro mellores, descartando o pior resultado.

  • A puntuación por categoría estrabrécese co seguinte baremo: 1ª, 11 puntos; 2ª, 9 puntos; 3ª, 8 puntos; 4ª, 7 puntos; …… e 10ª, 1 punto.

  • Se houbera empate, será gañador o club con máis primeiros postos, de persistir o empate sería o número de segundos, e así sucesivamemte.

  • Ademáis das bandeiras haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

O inicio das regatas está previsto para as 16:00 h., e coa orde habitual e distancias regulamentarias:

  • Alevín feminina: 500 metros (un longo).

  • Alevín masculino: 500 metros (un longo).

  • Infantil feminina: 1.000 metros (dous longos e unha virada).

  • Cadete feminina: 1.500 metros (tres longos e dúas viradas).

  • Xuvenil feminina: 2.000 metros (catro longos e tres viradas).

  • Absoluta feminina: 2.000 metros (catro longos e tres viradas).

  • Infantil masculino: 1.000 metros (dous longos e unha virada).

  • Cadete masculino: 1.500 metros (tres longos e dúas viradas).

  • Xuvenil masculino: 2.000 metros (catro longos e tres viradas).

  • Absoluto masculino: 2.000 metros (catro longos e tres viradas).

O noso club participará nas categorías cadete feminina e masculina, como ven sendo habitual.

Sairase das instalacións da Horta de Casalís ás dúas da tarde.

No tocante a xornada celebrada o pasado sábado en Ares, coa disputa da VI Bandeira Concello de Ares, participaron catorce clubs.

Houbo oitenta e oito tripulacións: trinta e cinco femininas (oito alevíns, seis infantís, dez cadetes, cinco xuvenís e seis absolutas), e cincuenta e tres masculinas (dez alevíns, dezasete infantís, dezasete cadetes, tres xuvenís e seis absolutas).

Foron gañadores:

  • Cabo da Cruz en catro categorías: Alevín e Xuvenil feminina, e Alevín e Xuvenil masculina.

  • Pobra en dúas: Infantil feminina e masculina.

  • Ares en dúas: Cadete e Absoluta masculina.

  • Náutico Ribeira en unha: Absoluta feminina.

  • Rianxo en unha: Cadete feminina.

Na clasificación xeral, para gañar a Bandeira, impúsose Cabo da Cruz con 15 puntos (un primeiro, un segundo e dous terceiros), compretando o podio Pobra (dous primeiros e dous cuartos) e Rianxo (un primeiro e tres terceiros), os dous con catorce puntos.

As nosas tripulacións remataron sextas as mulleres, e décimo primeiros os homes.

Comments are currently closed.