A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

VI BANDEIRA CONCELLO DE ARES (LTN): Peirao de Ares, 9 de Marzo de 2019.

O sábado pasado comezou a Liga Territorial Norte. A xornada, organizada pola ACD Penalba-Club de Remo Celeiro, contou coa participación de dez clubs.

Competiron cincuenta e nove tripulacións: vintedúas femininas (cinco Alevíns, catro Infantís, sete Cadetes, dúas Xuvenís e catro Absolutas) e trinta e cinco masculinas (seis Alevíns, doce Infantís, doce cadetes, dúas Xuvenís e tres Absolutas).

Foron gañadores:

  • A Cabana en cinco categorías: Infantil, Cadete e Absoluta feminina, Cadete e Absoluta masculina.

  • Cabo da Cruz en tres: Xuvenil feminina, Infantil e Xuvenil masculina

  • Celeiro en dúas: Alevín feminina e masculina.

As nosas tripulacións de categoría cadete feminina e masculina remataron nos postos cuarto e séptimo.

Este sábado disputarase a segunda xornada coa celebración da VI Bandeira Concello de Ares.

O regulamento da proba establece unha serie de normas para facerse coa Bandeira:

  • Puntuarán os cinco primeiros, outorgandose 5, 4, 3, 2 e 1 punto, sempre que haxa un mínimo de cinco equipos.

  • As categorías Alevín feminina e masculina non puntuarán.

  • Das oito categorías puntuables escolleranse as catro mellores para a clasificación final.

O comezo da regata está previsto para as catro e cuarto da tarde. Ás tres e media, na reunión de delegados, elaboraranse as quendas das diferentes categorías e sortearanse as boias.

Participaremos na categoría cadete, feminina e masculina.

A saída será á unha e media das instalacións do club.

Comments are currently closed.