A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

LIGA TERRITORIAL NORTE DE BATEIS: Porto de Celeiro, 2 de Marzo de 2019.

Rematada a Liga Rías de Muros-Noia e Arousa Norte, competición na que se organizaron catro xornadas no mes de Febreiro, comeza a Liga Territorial Norte.

Nesta outra competición participan todos os clubs da provincia da Coruña e Celeiro, único da provincia de Lugo que practica esta modalidade do remo en banco fixo.

É este club o encargado de organizar esta primeira xornada. Haberá regatas nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta tanto feminina como masculina.

O comezo da regata está previsto para as catro da tarde. Ás tres, na reunión de delegados, elaboraranse as quendas das diferentes categorías e sortearanse as boias.

A previsión meteorolóxica para Viveiro e a comarca da Mariña lucense é de tempo seco e vento moderado do suroeste, que esperamos non afecte o campo de regatas.

A Esteirana participará nas categorías cadete, feminina e masculina.

Como é unha viaxe longa, sairase pola mañá e xantarase en Viveiro.

Comments are currently closed.