A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

XIII BANDEIRA DE BATEIS SANTIAGO SUR GALICIA (SSG), Porto de Esteiro, 7 de Abril de 2018.

Coa participación de dezaseis clubs e noventa tripulacións, catorce na IV Regata de Promoción para tripulacións B (oito alevíns, catro promesa feminina e dúas  infantil  masculina), e sesenta e seis na disputa da Bandeira, e os postos para as semifinais do Campionato Territorial Norte: catro Alevíns, doce promesas, cinco xuvenís e seis absolutas femininas; nove alevíns, once infantís, once cadetes, seis xuvenís e doce absolutos masculinos.
Con arredor de catrocentos cincuenta deportistas en competición, e o peirao abarrotado de afeccionados, Cabo da Cruz conquistou a súa novena Bandeira con setenta e sete puntos, os mesmos que Rianxo, pero con mellor puntuación nas categorías descartadas. Esta mesma circunstancia xa se dera na sétima edición, na que Cabo da Cruz gañou a Bandeira empatado a puntos con Ares.
Completou o podio A Pobra con setenta e un puntos.
Antes do comenzo da competición oficial, disputáronse regatas de promoción das categorías Alevín e Promesa feminina e Alevín e Infantil masculina.
Ás cinco da tarde comezaron as regatas oficiais, coa saída da quenda da categoría alevín feminina, que por primeira era puntuable para a bandeira. Gañou Muros con catro segundos de vantaxe sobre Cabo da Cruz e Celeiro terceiro.
A continuación dúas quendas lanzadas da categoría Alevín masculina na que Cabo da Cruz  impúxose con claridade a Mugardos e Rianxo.
En Promesa feminina, tres quendas, coa victoria de Rianxo,  con Ares e Cabo da Cruz a catro segundos.
En Xuvenil feminina  A Pobra gañou con moita claridade. Perillo foi segunda, e Esteirana terceira.
Mesmo guión na categoría Absoluta feminina co Náutico Ribeira de primeira e Cabo da Cruz e Pobra no podio.
Na categoría Infantil masculina, disputáronse tres quendas. Na dos favoritos, unha moi boa tripulación de A Pobra impúxose ó  Náutico Ribeira con trece segundos de ventaxe e Cabo da Cruz a quince.
De novo tres quendas na categoría Cadete. Na primeira  Cabo da Cruz e Rianxo mantiveron unha loita apertadísima. Impuxéronse os crucenses por vinte e oito centésimas. Muros, que remou na segunda quenda, foi terceiro a só tres segundos.
Na categoría Xuvenil  Rianxo foi primeiro con claridade. Cabo da Cruz e Cedeira, segundo e terceiro.
Rematou a xornada coa categoría absoluta masculina, na que os doce clubs inscritos distribuíronse en tres quendas, as dúas primeiras lanzadas. De novo a tripulación de Rianxo foi primeira. Completaron o podio Pobra e Ares.
Coa entrega das medallas no palco ás categorías de base:  Alevín e Promesa feminina e Alevín, Infantil e Cadete masculino; e   a XIII Bandeira Santiago Sur Galicia a Cabo da Cruz, rematou a xornada de remo no peirao de Esteiro.

Comments are currently closed.