A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

VII BANDEIRA REGANOSA: Mugardos, 29 de Xullo de 2017. II BANDEIRA CONCELLO DE MUGARDOS: Mugardos, 30 de Xullo de 2017.

A cuarta e quinta xornada puntuable da Liga Galega de Traiñeiras (Grupo B), celebraranse en Mugardos, o sábado coa disputa da VII Bandeira Reganosa e o Domingo a II Bandeira Concello de Mugardos.

Na proba do sábado está previsto darlle a saída a primeira quenda, Vila de Cangas, Virxe da Guía e Esteirana, ás 18:00 h., e a segunda, Mera, Mugardos, Muros e Cedeira, vintecinco minutos máis tarde.

O domingo a primeira quenda está programada para as 12:00 h., e a segunda para as 12:25 h. A composición das quendas, previsiblemente serán as mesmas do sábado, a non ser que os resultados desta primeira xornada propicien un cambio na clasificación.

Aínda que se entregará o gañador de cada xornada a bandeira pertinente, para o reparto de premios elaborarase unha clasificación coa suma dos tempos das dúas xornadas.

Con respecto ó campo de regatas, podemos afirmar que é un dos que máis inflúe no resultado a boia que toque no sorteo. As razóns coidamos que son correntes propias da ría de Ferrol, e pode que a boia máis favorable o sábado, non a sexa o domingo, xa que o primeiro día a marea estará subindo, e o segundo baixando.

Na xornada celebrada en Teis o sábado pasado, a nosa trainera volveu a ser última, de novo lonxe das seguintes clasificadas. Só no primeiro longo aguantamos o ritmo de Vila de Cangas, virando a un segundo.

Gañou a quenda con claridade, Virxe da Guía, que sempre encabezou a proba.

Na segunda quenda, Mera sigue mostrándose superior. Viraron sempre de primeiros, gañando a regata con quince segundos de ventaxe sobre Muros, vintenove sobre Mugardos, e Cedeira a trinta e dous.

Na clasificación final as catro traineras desta quenda ocuparon os catro primeiros postos.

Comments are currently closed.