A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO GALEGO DE REMO ERGÓMETRO, Ferrol, 24 de Xaneiro de 2016.

O próximo Domingo no Pabillón da Feira Internacional de Mostras-FIMO en Ferrol, organizado pola Federación Galega de Remo, Club Remo San Felipe e Concello de Ferrol, celebrarase o Campionato Galego de Remo Indoor, para as categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Senior, Veterans, Adaptado e Adaptado Psíquico.

As distancias a percorrer son as seguintes:

  1. Alevín: 500 metros.

  2. Infantil: 1.000 metros.

  3. Cadete: 1.500 metros.

  4. Xuvenil: 2.000 metros.

  5. Senior : 2.000 metros.

  6. Veterán: 1.000 metros.

  7. Adaptado: 1.000 metros.

  8. Adaptado psíquico: 1.000 metros

As probas individuais serán pola mañán e as de relevos pola tarde.

A reunión de delegados está prevista para as 9:30 h. e o comenzo das probas individuais ás 10:00 h. As probas por equipos empezarán ás 16:00 h.

A AD ESTEIRANA REMO participará con doce deportistas, nas probas individuais de categoría Alevín masculino (1), Infantil feminino (3), Infantil masculino (4) e Cadete feminino (4).

Comments are currently closed.