A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

PROXECTO DEPORTIVO TEMPORADA 2014

PROXECTO DE ACTIVIDADE TEMPORADA 2014

Participaremos nas tres modalidades do remo en banco fixo: Batel, Traineriña e Trainera, e en Banco Móbil nas modalidades de Skiff (1x) e Dobre Scull (2x).

  1. BATEL: Participaremos na categoría Promesa e Absolutade Mulleres e nas categorías Infantil e Absoluta de Homes nasLigas Barbanza-Noia-Muros e Territorial Norte, Campionatos Territoriais e outras competicións que sirvan para a preparación dos campionatos territoriais e para o fomento do Remo.

1.- Liga Barbanza-Noia-Muros: Disputaranse tres regatas, dúas na Pobra do Caramiñal e unha na Praia de Testal-Noia. Servirán para unha primeira posta a punto das tripulacións, para afrontar os trofeos e bandeiras que se disputan na Liga Territorial Norte.

2.- Liga Territorial Norte: disputaranse cinco regatas no mes de Marzo, abertas a tódolos clubs da provincia de A Coruña e outros clubs invitados polos organizadores de cada unha das xornadas a celebrar. O obxetivo e a posta a punto para os campionatos territoriais, e tamén o fomento deste deporte tradicional ó longo da costa da provincia.

3.- Campionatos Territoriais: Celébranse no mes de Abril, empezando pola clasificatoria zonal o primeiro sábado do mes. Cada campionato determina os equipos clasificados para o seguinte.

  • 05/04/2014: Clasificatoria zonal: Clasifícanse os dez primeiros de cada categoría para o campionato territorial norte, establecendo tamén cabezas de serie para os cruces das semifinais.

  • 12/04/2014: Semifinais Territorial Norte: Clasifícanse os cinco mellores de cada categoría para as finais.

  • 13/04/2014: Finais Territorial Norte: Clasifícanse os catro primeiros de cada categoría para o campionato galego.

  • 19/04/2014: Semifinais Campionato Galego: Clasifícanse os cinco mellores de cada categoría para as finais.

  • 20/04/2014: Finais Campionato Galego: Clasifícanse os dous ou tres primeiros para o campionato estatal.

  • 26/04/2014: Semifinais Campionato España: Clasifícanse os cinco mellores para a Final A (Honra) e os outros cinco para a B (Consolación).

  • 27/04/2014: Finais Campionato España: Final A, postos 1º a 5º; Final B, postos 6º a 10º.

4.- Trofeos de Verán: Participaremos nas regatas ás que sexamos invitados, desgraciadamente ultimamente non hai moitas. Serven para manter a actividade das categorías de base, e tamén para rodar novas tripulacións para a seguinte temporada.

CALENDARIO BATEIS TEMPORADA 2014

Categorías:

Promesa, Xuvenil e Absoluta feminina;

Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta masculina.

DATA

COMPETICIÓN

LOCALIDADE

ORGANIZADOR

OBSERVACIÓNS

8 Febreiro

Liga Rías Arousa Norte e Muros-Noia

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

15 Febreiro

Liga Rías Arousa Norte e Muros-Noia

Praia de Testal-Noia

CM Noia

22 Febreiro

Liga Rías Arousa Norte e Muros-Noia

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

2 Marzo

XVII Trofeo “Cidade de Narón”

Enseada da Gándara-Narón

CR Narón

Liga Territorial Norte

8 Marzo

VI Bandeira “Concello de Boiro”

Cabo da Cruz

CR Cabo da Cruz

Liga Territorial Norte

15 Marzo

IV Bandeira “Concello de Ares”

Ares

CR Ares

Liga Territorial Norte

22 Marzo

III Bandeira “Cofraría Virxe do Carme”

Peirao vello-Rianxo

CR Rianxo

Liga Territorial Norte

29 Marzo

XIII Bandeira “Cidade de Ferrol”

A Cabana

CR A Cabana

Liga Territorial Norte

5 Abril

IX Bandeira “Santiago Sur Galicia”

Praia de Parameán-Esteiro

AD Esteirana Remo

Clasificatoria para Campionato Territorial Norte (dez por categoría)

12 Abril

Semifinais Campionato Territorial Norte

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

Pasan os cinco primeiros de cada categoría para as finais.

13 Abril

Finais Campionato Territorial Norte

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

Pasan os catro primeiros de cada categoría para o Campionato Galego.

19 Abril

Semifinais Campionato Galego

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

Pasan os cinco primeiros de cada categoría para as finais.

20 Abril

Finais Campionato Galego.

Bandeira Porto de Vilagarcía.

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

Pasan os tres primeiros de cada categoría para o Campionato Estatal.

26-27 Abril

Campionato de España

Por determinar*

Federación Española de Remo (FER)

* Correspondíalle a organización o País Vasco, pero como renuncia, será competencia da Asemblea da FER, que se celebra o 22 de Febreiro, determinar o lugar de da celebración do campionato.

Os clubs de remo Vila de Cangas e Vilaxoán solicitaron poder organizalo. O parecer tamén está proposto celebralo en Camargo-Cantabria, no mesmo campo de regatas da edición da anterior temporada, na que tivemos a oportunidade de constatar que a clasificación final da maioría das categorías determinouna o sorteo de boias.

  1. TRAINERIÑA: Participaremos na Liga Territorial Norte e Campionatos Territoriais, na categoría Absoluta de Homes.

1.- Liga Territorial Norte: Celebraranse cinco regatas que servirán para a posta a punto das tripulacións para os campionatos territoriais.

2.- Campionatos Territoriais:

  • 17/05/2014: Semifinais Campionato Territorial Norte: Clasifícanse os cinco primeiros de cada categoría para as finais..

  • 18/05/2014: Finais Campionato Territorial Norte: Clasifícanse os catro primeiros para o campionato galego.

  • 24/05/2014: Semifinais Campeonato Galego. Clasifícanse as cinco mellores para as finais.

  • 25/05/2014: Finais Campeonato Galego. Clasifícanse as dúas ou tres primeiras para o campionato estatal.

  • 30/05/2014: Semifinais Campionato de España. Clasifícanse os cinco mellores para a Final A e os outros cinco para a B.

  • 01/06/2014: Finais Campionato de España. Final A (Honra), postos 1º a 5º; Final B (Consolación), postos 6º a 10º.

CALENDARIO TRAINERIÑAS TEMPORADA 2014

Categorías: Absoluta feminina, Xuvenil e Absoluta masculina.

DATA

COMPETICIÓN

LOCALIDADE

ORGANIZADOR

OBSERVACIÓNS

1 Maio

Liga Territorial Norte

Rianxo

CR Rianxo

3 Maio

Liga Territorial Norte

Pobra do Caramiñal

CR Puebla

4 Maio

Liga Territorial Norte

Cabo da Cruz

CR Cabo da Cruz

10 Maio

Liga Territorial Norte

Enseada da Malata-Ferrol

CR A Cabana

11 Maio

Liga Territorial Norte

Por determinar

17 Maio

Semifinais Campionato Territorial Norte

Por determinar

Pasan os cinco primeiros de cada categoría para as finais.

18 Maio

Finais Campionato Territorial Norte

Por determinar

Pasan os catro primeiros de cada categoría para o campionato galego.

24 Maio

Semifinais Campionato Galego

Meira

SCD Samertolameu

Pasan os cinco primeiros de cada categoría para as finais.

25 Maio

Finais Campionato Galego

Meira

SCD Samertolameu

Pasan os tres primeiros de cada categoría para o campionato estatal.

30 Maio

Semifinais Campionato de España

Meira

SCD Samertolameu

Dous primeiros de cada quenda e mellor tempo dos terceiros, clasifícanse para as finais A; o resto reman a final de consolación.

1 Xuño

Finais Campionato de España

Meira

SCD Samertolameu

  1. TRAINERA: Participaremos en algunha das regatas contra o reloxo (Cabo da Cruz, Chapela e O Grove), que se celebran dende Febreiro a Abril, co único interés de preparación e rodaxe para os Trofeos e Bandeiras que se disputan nos meses do verán. Esta temporada volveremos a participar na Liga Galega de Traiñeiras (LGT). O calendario oficial ainda non está aprobado pero este podía ser un borrador:

DATA

COMPETICIÓN

LOCALIDADE

ORGANIZADOR

OBSERVACIÓNS

16 Febreiro

XII Contrarreloxo Cabo

Cabo da Cruz

CR Cabo da Cruz

6 Abril

IX Contrarreloxo Pedras Negras

San Vicente de O Grove

CR Mecos

21 Xuño

Presentación Liga Galega de Traineras Masculina e Feminina.

ALN

Presentes as dazasete traineras dos grupos A e B, e as catro ou cinco femininas.

5 Xullo

XXV Bandeira Concello de Cangas

Cangas

SD Morrazo

Puntuable Liga Galega

6 Xullo

III Bandeira Conxelados Salgado

Praia de Santa Cristina-Perillo

C.Regatas Perillo

Puntuable Liga Galega

12 Xullo

XI Bandeira Concello de Rianxo

Rianxo

CR Rianxo

Puntuable Liga Galega

13 Xullo

XXVIII Bandeira Concello de Redondela

Cesantes

CCD Cesantes

Puntuable Liga Galega

19 Xullo

XXX Bandeira Concello de O Grove

San Vicente de O Grove

CR Mecos

Puntuable Liga Galega

25 Xullo

Campionato Galego

Por determinar

Fegar

27 Xullo

XVIII Bandeira Concello de Bueu

Bueu

CM Bueu

Puntuable Liga Galega

2 Agosto

XIX Trofeo-9ª Bandeira “Teresa Herrera”

Praia do Orzán-

A Coruña

Fegar

Clasificatoria contrarreloxo. Pasan as dez primeiras. Puntuable Liga Galega.

3 Agosto

XIX Trofeo-9ª Bandeira “Teresa Herrera”

Praia do Orzán-

A Coruña

Fegar

Dúas quendas de cinco traineras.

15 Agosto

XXV Bandeira Deputación de A Coruña

Por determinar

Fegar

17 Agosto

XXII Bandeira Concello de Vigo

Coruxo-Vigo

CR Coruxo

Puntuable Liga Galega

23 Xullo

IX Bandeira Concello de Muros

Praia Paraméan-Esteiro

AD Esteirana Remo

Puntuable Liga Galega

24 Agosto

II Bandeira Mariña Cabo da Cruz

Cabo da Cruz

CR Cabo da Cruz

Puntuable Liga Galega

30 Agosto

1ª xornada clausura e Plai-off de permanencia ou ascenso á Liga A

Por determinar

ALN

31 Agosto

2ª xornada clausura e Plai-off de permanencia ou ascenso á Liga A

Por determinar

ALN

BANCO MÓBIL: Participaremos nas modalidades de SKIFF (1x) e DOBRE SCULL (2x) nas categorías alevín feminina e masculina e Absoluta feminina.

O calendario das competicións nas que participaremos é o seguinte:

DATA

LUGAR

COMPETICIÓN

CATEGORÍAS E MODALIDADES

Nº DEPORTISTAS

26 Xaneiro

Pavillón de A Malata-Ferrol

Campionato Galego de Remoergómetro

AF

AM

8

24 Maio

Ría do Burgo-Perillo

Liga Territorial Norte de Banco Móbil

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x

8

31 Maio

Enseada de A Malata-Ferrol

Liga Territorial Norte de Banco Móbil

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x.

CM: 1x.

9

7 Xuño

Pobra do Caramiñal

Liga Territorial Norte de Banco Móbil

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x.

CM: 1x.

9

14 Xuño

Castrelo de Miño

Regata Preparatoria Campionato Galego

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x.

CM: 1x.

ABF: 2x.

11

21 Xuño

Castrelo de Miño

Regata Preparatoria Campionato Galego

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x

8

21 Xuño

Castrelo de Miño

Campionato Galego

Xuvenil e Absoluto

ABF: 2x.

2

28 Xuño

Castrelo de Miño

Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete

AF: 1x, 2x.

AM: 1x, 2x

CM: 1x.

9

Categoría: ABM.- absoluto masculina. ABF.- absoluta Feminina. PLF.- peso lixeiro feminino. Sub23F.- Sub 23 Feminina. XM.- xuvenil masculina, XF.- xuvenil feminina, CM.- cadete masculina, CF.- cadete feminina, IM.- infantil masculina, IF.- infantil feminina. AM.- alevín masculina, AF.-Alevín feminina.

Modalidades de Banco Móbil: 1x (Skiff), 2x (Dobre Scull), 2- (Dous Sen), 4x (Catro Scull),

4- (Catro Sen), 8+ (Oito).

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CLUB

IX BANDEIRA DE BATEIS SANTIAGO SUR GALICIA/CLASIFICATORIA ZONAL (Praia de Parameán-Esteiro, 05/04/2014):

Deradeira xornada da Liga Territorial Norte, que por ser tamén clasificatoria para o Campionato Territorial Norte participarán todos os clubs da provincia de A Coruña e Lugo que nesta temporada practican esta modalidade do banco fixo: Celeiro, Cedeira, San Felipe , A Cabana, Marítimo Ferrolterra, Narón, Mugardos, Ares, Redes, Mera, Perillo, Muros , Noia, Puebla, Cabo da Cruz, Rianxo, Náutico Boiro e Esteirana.

Disputarase nas categorías Promesa, Xuvenil e Absoluta de Mulleres e Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta de Homes.

Proclamarase Campión da Bandeira o club que sume máis puntos en catro das sete categorías que se celebran.

IX BANDEIRA DE TRAINERAS “CONCELLO DE MUROS” (Praia de Parameán-Esteiro):

Formará parte do calendario do Grupo B da Liga Galega de Traiñeiras. A competición contará coa participación dos nove clubes que compiten neste grupo B: Mecos, Cabo da Cruz B, Perillo, Rianxo, Coruxo, Cesantes, Vila de Cangas, Bueu e Esteirana.

ESCOLA DE REMO:Como tódolos veráns, poñeremos en marcha esta actividade de fomento do remo, e que ó club lle aporta o relevo xeneracional nas categorías de base. Introducirase os alumnos e alumnas na práctica do remo na modalidade de batel e dobre scull.

PLANIFICACIÓN XERAL TEMPORADA

ADESTRAMENTOS: Actividade que se desenrola dende o mes de Outubro a Agosto. En Setembro descánsase.

CATEGORÍA

LUNS

MARTES

MERCORES

XOVES

VENRES

SÁBADO

DOMINGO

Alevín

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

10,30 h. a 13,00 h

10,30 h. a 13,00 h

Infantil

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

10,30 h. a 13,00 h

10,30 h. a 13,00 h

Cadete

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

18,00 h. a 20,00 h.

10,30 h. a 13,00 h

10,30 h. a 13,00 h

Xuvenil

20,00 a 22,00 h.

20,00 a 22,00 h

20,00 a 22,00 h

20,00 a 22,30 h

16,00 h a 19,00 h

10,30 h. a 13,00 h

Senior

20,00 a 22,00 h

20,00 a 22,00 h

20,00 a 22,00 h

20,00 a 22,30 h

16,00 h a 19,00 h

10,30 h. a 13,00 h

Sábado e Domingo: cando hai competicións varían os horarios deste dous días.







Comments are currently closed.