A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

II BANDEIRA COFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARME (LIGA TERRITORIAL NORTE), Peirao Vello-Rianxo, 16 de Marzo de 2013.

        Este sábado a partir das 16:30 h. celebrarase a que tería que ser segunda xornada da liga territorial norte de bateis. A primeira xornada, na que se iba disputar a IV Bandeira Concello de Ares, tivo que ser suspendida polas condicións metereolóxicas adversas.

     Entregaránse dúas bandeiras: unha feminina e outra masculina. Serán gañadores delas os clubs que acaden mais puntos. O sistema de puntuación determina darlle o primeiro clasificado de cada categoría dez puntos, o segundo nove e así sucesivamente. Nesta bandeira tamén puntúan as tripulacións B, C ou D se as houbese.

      Os clubs que está previsto que participen son : Celeiro, A Cabana, Marítimo Ferrolterra, Narón, Mugardos, Ares, Marítimo Redes, Mera, Perillo, Noia, Pobra, Cabo da Cruz, Náutico Boiro, Rianxo e Esteirana.

Participaremos con dúas tripulacións masculinas, unha de categoría xuvenil e outra absoluta.

Comments are currently closed.