A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO TERRITORIAL NORTE DE TRAINERIÑAS, Rianxo, 19-20 de Maio de 2012:

Celebrouse a dúas xornadas, o Sábado as semifinais e o Domingo as finais.

Nas semifinais do Sábado había vento de noroeste que daba de costado, dificultando a boga das tripulacións das categorías Xuvenil e Absoluta masculina, que buscaban o pase para as finais.

A nosa tripulación xuvenil remou na segunda quenda, na boia dúas, con Cabo da Cruz na unha e Pobra na tres. Pasaban para a final os dous primeiros e o mellor tempo dos terceiros.

A regata non tivo moita historia, Cabo sempre de primeiro, nós segundos e Pobra terceiro, pero con tempos de pase nas viradas que eran moi inferiores ós de Perillo que fora terceira na primeira quenda, polo que sempre estiveron clasificados.

O Domingo, presentàronse unhas condicións metereolóxicas ideais para as tripulacións, sen vento e o mar en calma.

Comenzou a xornada coa final da categoría Absoluta feminina, na que só participaban tres equipas, polo que as tres estaban clasificadas para o Campionato Galego.

Cabo da Cruz encabezou a regata dende a primeira virada, gañando a regata con claridade, coa Cabana segunda e Ares terceira.

Na categoría xuvenil masculina a nosa tripulación consigueu o pase para o Campionato Galego, ó rematar terceira, posto no que se situou dende a primeira virada. Cabo, primeiro, Rianxo segundo e Ares cuarta tamén conseguiron o pase.

Na categoría Absoluta masculina volveuse a impoñer Cabo da Cruz. Só A Cabana foi capaz de seguir a súa estela, rematando a dez segundos. Lonxe Rianxo, a dazaoito, foi terceiro, con Mugardos cuarto e a Pobra quinto, polo que ó igual que nos xuvenís quedou fora do Campionato Galego.

Comments are currently closed.