A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

LIGA TERRITORIAL NORTE DE TRAINERIÑAS, Praia de Paramean-Esteiro, 12 de Maio de 2012/Porto de A Pobra do Caramiñal, 13 de Maio de 2012.

Terceira e cuarta xornada da Liga, derradeiras regatas de Traineriñas antes do Campionato Territorial Norte que se celebrará en Rianxo o próximo fin de semana.

O sábado día 12, somos nós os encargados de organizar a competición, que está previsto comence ás 17:00 h., coa categoría Absoluta feminina, para a continuación regatear as categorías Xuvenil e Absoluta masculina.

Está previsto que acudan a cita tódolos clubs da provincia de A Coruña que sacan traineriña esta temporada, aínda que co precedente do pasado fin de semana, nunca se sabe.

O domingo as traineriñas desprázanse a Pobra do Caramiñal, coa primeira regata programada para  as 11:30 h. Antes, ás 11:15 h. haberá unha regata de traineras para veteranos.

Participaremos nas dúas xornadas, con dúas tripulacións  da categoría Xuvenil masculina.

Comments are currently closed.