A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

REGATA CONTRA O RELOXO DE TRAINERAS, Cabo da Cruz, 5 de Febreiro de 2012

O próximo domingo , a partir das 11:30 h., celebrarase en augas de Cabo da Cruz, a edición deste ano desta regata, toda unha clásica de pretemporada, e organizada polo club do Concello de Boiro.

Nun principio está previsto que participen vintesete embarcacións, unha feminina, Cabo da Cruz, unha mixta, Vilaxoan, tres de veteranos, Tirán, Cabo e Bueu, e vintedúas absolutas, Tirán (2), Puebla (2), Cabo (2), Perillo (2), Robaleira, Coruxo, Mugardos, Ares, Cesantes, Rianxo, Chapela, Samertolameu, Mecos, Amegrove, A Cabana, Vila de Cangas, Vilaxoan e Esteirana.

Esta proba, soe ser un primeiro test para a maioría dos clubs galegos que van sacar embarcación na Liga Galega de Traiñeiras, e na edición deste ano, sube o interés pola decisión da Asociación da Liga Noroeste de crear dúas categorías na Liga.

Para nos, vai ser unha regata que saque da monotonía dos adestramentos os membros da renovada plantilla coa que conta Bruno Rodríguez Lestón “Pesi”, responsable da preparación das categorías de base na pasada temporada, e que, despois da renuncia do adestrador responsable da trainera a temporada pasada, fíxose cargo de todas as categorías coas que conta o club.

, , , , ,

Comments are currently closed.