A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

IV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FONDO POR CLUBS/I REGATA INTERNACIONAL BUITRAGO DE LOZAYA

O campionato celébrouse nas modalidades de Catro Scull (4x) e Oito con timonel (8+), nas categorías Cadete, Xuvenil e Absoluta masculina e feminina, sobre unha distancia de catro mil cincocentos metros.

As 10:30 h déronlle a saída ós oitos, facéndoo a continuación os Catro Scull con un intervalo de un minuto.

Como estaba previsto participamos nun Catro Scull (4x) na categoría Absoluta feminina, como club mixto (Náutico Castrelo/CRDo Miño/Esteirana) na Regata Internacional, xa que no Campionato de España de Fondo tódalos deportistas teñen que ser do mesmo club.

A tripulación formada por Anna Yuchenko (Náutico Castrelo), Marta Cochón (CR Do Miño) e as nosas remadoras Lucía e Uxía, fixo o mellor tempo de tódas as tripulacións cun tempo de 17:43:1, por diante de Hondarribia, 17:53:2, Remo Tui, 18:17:8 e Náutico Sevilla, 18:29:5, as tres primeiras do Campionato de España de Fondo por clubs.

, , , , , , , ,

Comments are currently closed.