A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

IV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FONDO POR CLUBS/I REGATA INTERNACIONAL BUITRAGO DE LOZAYA (Encoro de Riosequillo, Buitrago de Lozaya-Madrid, 29 de Xaneiro de 2012)

O campionato celébrase só nas modalidades de Catro Scull (4x) e Oito con timonel (8+), nas categorías masculina e feminina, sobre unha distancia de catro mil cincocentos metros.

A saída da primeira embarcación está prevista para as 10:00 h., facéndoo as seguintes con un intervalo de un minuto.

Participaremos nun Catro Scull (4x) como club mixto (Náutico Castrelo/CRDo Miño/Esteirana) na Regata Internacional, xa que no Campionato de Fondo tódalos deportistas teñen que ser do mesmo club.

A tripulación estará formada por Anna Yuchenko (N.Castrelo), Marta Cochón (Do Miño) e as nosas remadoras Lucía e Uxía.

, , , , , , ,

Comments are currently closed.