A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

ACTIVIDADE FIN DE SEMANA

O próximo domingo día 22, a partir das 10:00 h, celebrarase no Encoro de Castrelo de Miño (Ourense) unha proba na modalidade de Skiff (1x) na distancia de dous mil metros.

A proba serve para o acceso á Selección Galega de Remo, có motivo de representar a Galicia na Copa de SM O Rei e Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Banyoles (Girona) o 10 e 11 de Marzo.

Acudirán a cita as remeiras de categoría senior Lucía Saborido Torres e Uxía Saborido Santiago.

Comments are currently closed.