A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO

O pasado domingo día 15, celebrouse no Pavillón de A Malata en Ferrol, organizado polo CR San Felipe, o Campionato Galego de Remoergómetro.

Na edición deste ano só participamos na categoría senior feminina, coa remeira Lucía Saborido Torres, que con un tempo de 7:29:9, foi terceira e medalla de bronce, por detrás de Esmeralda Santos (CR Tui), 7:18:2, e Marta Cochón (CR do Miño), 7:20:6.

A actuación de Lucía, como ven sendo habitual nesta modalidade, foi moi boa, se temos en conta que éla é Peso Lixeiro (menos de sesenta kilos), categoría na que competirá no Campionato de España que se celebrará en Madrid o próximo día 28, e na que na edición do ano pasado celebrada en Vegadeo (Asturias) foi segunda e medalla de prata.

Comments are currently closed.