A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

CALENDARIO DE BATEIS E TRAINERIÑAS 2012

Na reunión celebrada o sábado 7 de Xaneiro, nas instalacións do INEF de Bastiagueiro, aprobouse o anteproxeto do calendario das modalidades de Bateis e Traineriñas para a presente temporada 2012.

Na reunión estiveron presentes José Manuel Seijas e Manuel Gantes, como representantes da Federación Galega de Remo, e os seguintes clubs: SD Xubia-Narón, CR Ares, SD As Xubias, CR Muros, CR Puebla, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo e AD Esteirana Remo.

En Bateis, empezarán as regatas das ligas zonais no mes de Febreiro, concretamente o día 11 na Pobra do Caramiñal a Liga “Barbanza e Muros-Noia”, e en Oza-A Coruña, organizada pola SD As Xubias a Liga “A Coruña-FerrolTerra”.
No mes de Marzo, concretamente o día 3, tamén na Pobra do Caramiñal, comenzará a Liga Territorial Norte, aberta a participación dos clubs das dúas zonas.
O día 31 de Marzo, o noso club organizará VII Bandeira Santiago Sur Galicia, derradeira xornada da Liga, antes dos campionatos territoriais.

A Liga Territorial Norte de Traineriñas empezará o día 1 de Maio, cunha contrareló, no peirao do Marqués en Noia, organizada polo Club do Mar.
En Esteiro celebrarase unha das catro regatas da Liga, concretamente a penúltima xornada o sábado día 12.

Comments are currently closed.