A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Volanteiras

Eran unhas embarcacións de altura, de grande tamaño, entre 6 e 10 Tm, armurada alta e de manga ancha.
As volanteiras na Ría predominaron en Porto do Son e levaban tamén dous paus con dúas velas cadras que mareaban cando facía vento. Nos días de moito vento ían a pau raso. Tiñan a proa e a popa de forma similar.
Dispoñían de sete remos nunha banda e seis na outra, en número impar, xa que o patrón gobernaba con outro a modo de espadilla, a pica, que axudaba á banda que levaba un home menos. Posteriormente este remo foi sustituido por un timón. Nun remo moito máis pequeño permitíaselle bogar a un rapaz aprendiz chamado ventureiro.
Utilizaban un tipo de redes chamadas volantas; do que provén o nome da embarcación.

, , ,

Comments are currently closed.