A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Ubicación

Esteiro é un pobo de arredor de 3.000 habitantes situado na costa norte da Ría de Muros e Noia. Esta ría é, ao mesmo tempo, a situada máis ó sur dentro da provincia de A Coruña.

Para chegar a Esteiro por estrada, situándonos en Santiago de Compostela, hai que coller a estrada que sae de Santiago en dirección a Noia. Un pouco antes de chegar a esta vila, atoparemos un desvío para Muros. Unha vez collido este desvío, despois duns 15 Km. chegaremos a Esteiro.

Se te achegas a Esteiro desde Noia virás pola comarcal 550 e pasarás por Serra de Outes, Cruceiro de Roo e o Freixo. Se ves desde Muros tamén pola comarcal 550 pasarás por Serres, Abelleira e Tal.

Tamén podes chegar a Esteiro pola Estrada de Santa Comba pasando por Pino de Val, Suevos e Lestelle. Non recomendamos este traxecto para autobuses e coches con remolque, aos que aconsellamos en Pino de Val tomar o desvío á Serra de Outes e chegar a Esteiro pola comarcal 550.

,

Comments are currently closed.