A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Traineriña

É a embarcación de dimensións medias, en eslora, manga e puntais, do banco fixo. A tripulación está composta por 6 remeiros e un patrón situados todos eles en liña. A forma de situar aos remeiros nesta embarcación pode variar aínda que as máis habituais son: Unha coa boga por babor e a outra en estribor, estando p proa nos dous casos en babor para poder usar mellor a pica nas ceabogas (B-E-B-E-E-B ou E-B-E-B-E-B).

COMPETICIÓN:

O campo de regatas tradicional para competir en traineriña é un rectángulo con cinco rúas, identificadas por unha baliza con unha bandeira de distinto cor en cada unha das rúas. A rúa número 1 ten unha bandeira de cor blanca, a número 2 de cor vermella, a número 3 de cor verde, a número 4 de cor amerela e a número 5 de cor negra. A distancia do campo é de 3.500 metros en total entre as balizas de chegada e as exteriores. Neste tipo de embarcacións compiten as categorías:

Xevenil masculina: percorrido da regata de 3.500 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas.
Senior masculina: percorrido da regata de 3.500 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas.

CARACTERÍSTICAS DO BOTE:

- Eslora total máx. 9,50 m.
- Puntal máx. a proa 0,63 m.
- Puntal máx. a popa 0,53 m.
- Puntal máx. en caderna mestra. 0,40 m.
- Manga máx. inf. en caderna mestra. 1,10 m.
- Manga da caderna mestra a 0,23 da cara superior quilla. 1,10 m.
- Peso mínimo. 100 kg.

, , , ,

Comments are currently closed.