A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Trainera

É a embarcación raiña do banco fixo e a maior das tres, tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros. Componse de 12 remeiros que se dispoñen por parellas, un proeiro da embarcación e un patrón, situado na popa. En total, 14 tripulantes.

COMPETICIÓN:

O campo de regatas tradicional para competir en trainera é un rectángulo con cinco rúas, identificadas por unha baliza con unha bandeira de distinto cor en cada unha das rúas. A rúa número 1 ten unha bandeira de cor blanca, a número 2 de cor vermella, a número 3 de cor verde, a número 4 de cor amerela e a número 5 de cor negra. A distancia do campo é de 5.556 metros (3 millas náuticas) en total entre as balizas de chegada e as exteriores. Neste tipo de embarcacións só se compite na categoría:

Senior masculina: percorrido da regata de 5.556 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas.

CARACTERÍSTICAS DO BOTE:

- Eslora total máx. 12,00 m.
- Puntal máx. a proa 0,95 m.
- Puntal máx. a popa 0,75 m.
- Puntal máx. en caderna mestra. 0,60m.
- Manga máx. inf. en caderna mestra.1,72 m.
- Manga da caderna mestra a 0,23 da cara superior quilla. 1,17m.
- Peso mínimo. 200 kg.

, , , , ,

Comments are currently closed.