A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Trainera ou traiña

Procedían do Cantábrico. Eran unhas embarcacións moi longas e rápidas.
As de maior tamaño non superaban os 12 metros de eslora e os 2,40 metros de manga. Levaban oito remos por banda e un timonel.
Adicábanse á captura de sardiña con redes do cerco de xareta. Tiveron que superar os enfrentamentos con xeiteiros porque estes consideraban a traíña -así denominada a rede do cerco que empregaban- un aparello que esquilmaba os bancos de peixe e facía que se reduciran as capturas.
A partir de 1917 deixaron de utilizarse as traineras, sendo sustituidas polas motoras para a pesca con artes do cerco, movidas con máquinas de vapor.
Na A.D. Esteirana Remo a través da iniciativa cultural ‘O Remo: Deporte e Cultura a Sotavento’, conseguimos confirmar a presencia da trainera en Esteiro a principios do século XX formando parte da flota pesqueira da Familia Portals, industriais salgadeiros da nosa vila.

, , , , ,

Comments are currently closed.