A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Socios

Faite socio do noso club, a ti custarache moi pouco pero para nós será unha axuda moi grande. Ademáis poderás formar parte da Asamblea de Socios e tomar parte nas decisións importantes que teña que adoptar o club.

Se desexas asociarte á A. D. Esteirana Remo, simplemente tes que enviar un correo a socios@esteiranaremo.org co asunto «Alta de novo socio» e máis ca seguinte información:

  • Apelidos e nome.
  • Dirección completa.
  • Teléfono de contacto.
  • Sexo.
  • Ano de nacemento.
  • Categoría (xuvenil, ata 18 anos: 5€ anuales; adulto: 15€ anuales; familiar: 20€ anuales; protector: 30€ anuales).

No caso de que queiras facer unha solicitude de categoría familiar, debes introducir primeiro os datos do cabeza de familia, e a continuación só os apelidos, nome, sexo e ano de nacemento de cada persoa que formen a unidade familiar.

Queremos recordarlle a todos os socios que é moi importante asistir ás asembleas, posto que ademáis de mostrarnos o seu apoio coa asistencia, enteraranse de primeira man de todas as novas e ao mesmo tempo poderán emitir o seu voto nas decisións importantes que ten que tomar o club.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

, ,

Comments are currently closed.