A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Iolas

As iolas teñen o asento móbil, un carro idéntico ó dos outriggers que corre por unhas vías. Este detalle distingueas de outras modalidades de competición mariñeiras que manteñen o asento fixo como os bateis, traineriñas e traineras do norte de España e as xábegas e faluchos do Mediterráneo. As chumaceras nas que se apoian os remos van sobre a banda e non sobre un largo soporte fora da borda.

En conclusión é un barco no que se rema con carro móbil pero coas chumaceras sobre as bandas. Os remeiros non van aliñados sobre a quilla do barco senon sentados máis próximos á banda contraria na que apoian o seu respectivo remo, e leva patrón.

Orixinalmente existían iolas para dous, catro e incluso oito remeiros. Na actualidade, en España, so quedan as iolas a catro e sobre esta modalidade celebranse todas as competicións tanto oficiais como amistosas.

A iola a cuatro ten unha eslora máxima de 10,50 metros con una manga mínima de 1,05 m con un peso mínimo de 90 Kg. Os remos son iguais os dos outriggers e teñen aproximadamente 3,80 m de longo.

As regatas oficiais de iolas desenvólvense sobre a distancia de 2.000 metros repartida en catro ou oito longos de 500 ó 250 metros respectivamente, e 3 ou 7 ciabogas. A saída e a chegada é no mesmo punto.

, , ,

Comments are currently closed.