A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Galeóns

Eran unhas embarcacións que tiñan a proa recta e a popa redonda. Levaban cuberto e navegaban cunha vela de relinga no pau de proa e unha pequena no pau de popa, ainda que tamén levaban remos alongados que utilizaban fundamentalmente nas manobras de atraque e desatraque nos portos.
Nestes barcos, de grande porte -18 a 30 Tm- faenaban catro ou cinco homes e desempeñaban un importante labor comercial. Mercaban as sardiñas que capturaban as lanchas do xeito, (as traineras e as motoras tamén máis adiante) e situábanas nas adegas. Alí eran introducidas en salmoira que preparaban nunhas tinas de madeira de grande tamaño. Curiosamente, para comprobar o grao de salinidade da salmoira utilizaban unha pataca: cando a baloca aboiaba, a salmoira estaba no seu punto. Os galeóns levaban despois as sardiñas aos almacéns de salgazón. Aínda que había excepcións, normalmente cada fabricante posuía o seu propio galeón.

, , ,

Comments are currently closed.