A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Canoas ou bucetas

Estas embarcacións construíanse da mesma maneira que as lanchas. Nun comezo levaban a proa e a popa moito máis rectas.
A canoa diferenciábase pola súa tendencia a ter máis manga máis uniforme na maior extensión do casco. O esencial da canoa era precisamente a súa estreiteza que a facía máis lixeira na boga.
As bucetas levaban tamén velas de relinga. Empregábanse para a pesca do polbo, faneca e congro, dentro da ría. Ian tripuladas por tres ou catro homes e tiveron a súa máxima expansión nos anos corenta.
En moitas canoas vese probablemente a influencia da trainera sobre o tradicional bote empregado na ría. As canoas fixeron desaparecer as dornas da Ría de Muros e Noia en case igual medida que eliminaron os botes antigos das augas de Fisterra.

, , , ,

Comments are currently closed.