A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Botes

A súa forma é moi parecida á das volanteiras e canoas; diferéncianse daquelas no seu menor tamaño, sendo o normal nun bote os 3,50-5 metros de eslora. Teñen a proa e a popa de forma similar e nun principio levaban unha vela. Podían tamén levar tres ou catro homes segundo levaran timón ou non. Ocasionalmente, cando non levaban timón podía utilizarse un quinto remo -chamado de couso- para tal fin.
Modernamente aos botes acóplanselles motores fóra borda, adaptándolles previamente a popa. Os que se constrúen de novo levan a popa cha para lle incorporar o motor.
Empréganse exclusivamente para traballos que non esixan longos desprazamentos nen redes de moita envergadura. Así, vense utilizando para faenar con liña, nasas, palangres, raeiras, betas, trasmallos e con tubos para a pesca do polbo.

, , ,

Comments are currently closed.