A. D. Esteirana Remo

Asociación Deportiva Esteirana Remo

Batel

O batel é a embarcación máis pequena das tres especialidades do banco fixo. A tripulación está composta por 4 remeiros (2 en babor «B» e 2 en estribor «E») colocados en liña e un patrón. Normalmente está montado ao sistema tradicional de maneira que cada remeiro se sitúa detrás do outro co remo colocado ao costado contrario ao de diante (B-E-B-E). Tamén pode ser que os remeiros da proa e popa remen polo mesmo costado, e os dous do centro polo costado contrario (B-E-E-B) ou (E-B-B-E).

COMPETICIÓN:

O campo de regatas tradicional para competir en batel é un rectángulo con cinco rúas, identificadas por unha baliza con unha bandeira de distinto cor en cada unha das rúas. A rúa número 1 ten unha bandeira de cor blanca, a número 2 de cor vermella, a número 3 de cor verde, a número 4 de cor amerela e a número 5 de cor negra. A distancia do campo é de 500 metros en total entre as balizas de chegada e as exteriores. Neste tipo de embarcacións compiten todas as categorías, ou sexa:

Infantil masculina: percorrido da regata de 1.000 metros, en dous longos e unha virada ou ciaboga.
Infantil-cadete feminina: percorrido da regata de 1.000 metros, en dous longos e unha virada ou ciaboga. Compiten na mesma categoría infantiles e cadetes.
Cadete masculina: percorrido da regata de 1.500 metros, en tres longos e duas viradas ou ciabogas. A saída dase dende as balizas exteriores.
Xevenil masculina: percorrido da regata de 2.000 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas.
Xuvenil-senior feminina: percorrido da regata de 2.000 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas. Compiten na mesma categoría xuveniles e seniors.
Senior masculina: percorrido da regata de 2.000 metros, en catro longos e tres viradas ou ciabogas.

CARACTERÍSTICAS DO BOTE:

- Eslora total máx. 7,00 m.
- Puntal máx. a proa 0,56 m.
- Puntal máx. a popa 0,47 m.
- Puntal máx. en caderna mestra. 0,335 m.
- Manga máx. inf. en caderna mestra. 0,975 m.
- Manga da caderna mestra a 0,23 da cara superior quilla. 0,975 m.
- Peso mínimo. 70 kg.

, , , ,

Comments are currently closed.